Tenda
Inicio > Espiño branco para infusión
Espiño branco para infusión
Follas e flores de espiño branco para facer infusións.
O espiño branco é un remedio magnífico para o corazón. Contén purinas, flavonoides, taninos, vitamina C, e outros moitos compoñentes beneficiosos para o noso corpo. A súa acción está máis na continuidade que na dose que se poda tomar, non necesariamente tomar maior cantidade non da mellores efectos.
INDICACIONS:
- Toda patoloxía cardíaca, en especial a insuficiencia.
- Regula a tensión arterial, alta e baixa; a tensión descompensada; e corrixe as taquicardias e palpitacións, especialmente de orixe nerviosa.
- Mellora a arteriosclerosis, o exceso de colesterol, e os espasmos cardiovasculares.
- Insomnio e vértigos.
BENEFICIOS:
- Hipotensor
- Carditónico.
- Calmante
- Antiespasmódico.
MODO DE USO INTERNO
Prepara unha infusión vertendo un vaso de auga quente sobre unha culler pequena (1-3 g) da pranta seca. Deixar reposar durante 5 -10 minutos e filtrar cun coador. Para preparar un litro utiliza unha culler grande (3-5 g) da planta seca. Podes tomalo ata 3 veces ó día.
PRECAUCIONS:
A altas doses pode provocar bradicardia.
Non indicado para mulleres embarazadas e lactantes.
Se estas tomando medicamentos cardiovasculares, ansiolíticos, antiarrítmicos ou que actúe de xeito semellante, é mellor consultar co teu médico para que cho poda recetar axeitadamente e sen risco.
NOTA: Se vives perto de Compostela e prefires recoller o pedido directamente, escríbeme a info@ossentidosdobosque.com antes de facelo pedido.
5.00€
Os Sentidos do Bosque