FAQS
Inicio > FAQS
Si, Shinrin Yoku foi como lle chamaron os xaponeses a esta práctica. Shinrin Yoku significa “bañarse de bosque/empaparse de bosque”. Nesta web usamos os dous nomes indistintamente.
Unha sesión de baño de bosque é unha sesión aberta a individuos particulares que queiran participar desta experiencia de benestar. Aínda que as facemos con regularidade, unha persoa decide se quere repetir na próxima ocasión ou non.
Un proxecto de terapia de bosque, implica participar en polo menos, 6-7 baños de bosque, deseñados para un grupo específico de persoas con necesidades compartidas. Serán organizadas con institucións, colectivos, grupos, asociacións, etc… Terán como obxectivo non só a prevención, senón tamén a reparación de estados de estrés xa existentes.
Se as sesións de terapia de bosque son individuais, igualmente habería o compromiso de realizar os encontros marcados.
Un baño de bosque non implica estar en boa forma. Non é un deporte nen é trekking. As veces podemos movernos menos dun kilometro cadrado. Por iso en días fríos compre vir ben abrigados. Se tes algunha condición física especial, por favor dimo antes da sesión para telo en conta á hora de deseñar a actividade.
Non é necesaria ninguna preparación especifica. Uns días antes do noso encontro enviareiche que tes que traer, se tes que traer algo. Normalmente, será algo para sentarse no chan, unha botella de auga. Non usedes perfume ese día.
Un baño de bosque urbán durará unhas 2.30h- max 3h. As sesións individuais serán de 2.30h
Un baño de bosque fóra da cidade durará unhas 3 horas.
Isto pode variar segundo o sitio e o plan da sesión, pero informaríavos dende o principio do tempo estimado para cada sesión.
Píluras de natureza: 90 min
Conexión bosque: a confirmar
Sí, podese sempre que o parque reúna unha serie de condicións que propicien a práctica. A variedade de árbores e espazos, momentos con menos afluencia de xente, etc. As sesións de Shinrin Yoku urbán, farémolas en parques e bosques urbáns. En Compostela temos a sorte de ter o Parque Eugenio Granell, o parque de Bonaval e o monte Pedroso, que danse ben para experimentar o baño de bosque urbán. Hai outros espazos onde podemos atoparnos para facer as actividades de conexión que son máis curtas, como a Carballeira de Santa Susana, o Parque da Música, etc…
Os baños de bosque urbán serán normalmente cedo pola mañá para ter máis tranquilidade e menos xente ó redor.
Calquera pode pasear pola natureza, observala, desfrutala. O meu papel será deseñar e facilitar un protocolo de invitacións para que ti aproveites ó máximo a experiencia, para que baixes o ritmo, para que conectes cos teus sentidos, e desconectes a mente. Sosteño o ritmo, o espazo, e coido de cada detalle para que te leves a casa tranquilidade e idealmente a vontade de seguir conectando coa natureza.
Os bonos agasallo teñen unha validez de 6 meses dende a data da compra.
Parte da experiencia é exporse ós elementos e velos doutro xeito, como se foses parte do bosque e poideses experimentar a choiva, o vento coma unha árbore máis. Perderlle o medo a mollarse, disfrutar do contacto coa agua, é mellor opción que cancelar. Pero ti decides se queres participar ou non. Se é una sesión grupal, seguirá adiante para aqueles que queiran experimentalo igualmente.
¿Canta choiva é moita choiva? Cando o tempo sexa de temporal cancelaremos a saída.
Cando haia tormenta eléctrica, por seguridade, cancelaremos a actividade.