Tenda
Inicio > Cortiza de carballo para infusión
Cortiza de carballo para infusión
Dous formatos:
- 50 gr
- 100gr
A cortiza de carballo usábase antigamente con normalidade para certas sintomatoloxías. Rica en taninos.
Emprégase como remedio astrinxente, en afeccións das vías respiratorias, gripes, resfrios, bronquitis. Usase contra inflamacións, hemorraxias, hemorroides, afeccións biliares. Usase nalgunhas especialidades farmacéuticas contra a diarrea, a flatulencia e a dispepsia, así como para o prolapso uterino e rectal.
Debido ó seu poder antiséptico, pódese utilizar, coma enxoito para combatir a farinxite, amigdalite e gingivite.
Tamén se utiliza, de xeito externo, para cicatrizar feridas de lenta curación e queimaduras e como loción capilar. Usase o carballo tamén en compresas para os ollos inchados e para a conxuntivite.
Preven os coágulos de sangue. Reduce infeccións de vexiga.
Rico en antioxidantes, flavonoides, Vitamina B2, ferro, taninos e potasio.
PREPARACION
Para tratamento dunha destas afeccións recomendase tomar durante unha semana, facendo unha infusión de tres gramos, unha culler pequena en auga fervendo e deixar reposar tapado 10-15 minutos. Tomar unha ou dúas veces ó día máximo.
CONTRAINDICACIONS
Consulta ó teu médico
Non indicado para mulleres embarazadas e nenos.
Non indicado para persoas con problemas hepáticos, renais ou cardiovasculares.
Non indicado para persoas con asma.
No indicado para personas con anemia, por la cantidad de taninos que tiene que absorben el hierro.
Non indicado para persoas que sofren de estreñimiento.
NOTA: Se vives perto de Compostela e prefires recoller o pedido directamente, escríbeme a info@ossentidosdobosque.com antes de facelo pedido.
3.50€ – 6.75€
Os Sentidos do Bosque