PAUSA EN VERDE

Inicio > Blog > PAUSA EN VERDE

Encantada de colaborar con Fademga nesta proposta para que as persoas con discapacidade intelectual ou de desenvolvemento teñan a oportunidade de experimentar os beneficios da conexión coa natureza.

Como ben os describen eles:

“Menos présa. Máis natureza!

Poñemos en marcha a segunda edición de «Pausa en verde», unha proposta de FADEMGA para que as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento teñan un espazo para baixar o ritmo, respirar con calma e conectar coa natureza.

💚 A través de paseos guiados e experiencias de conexión coa contorna, buscamos favorecer o benestar emocional, aliviar tensións e dedicar tempo ao autocoidado. Porque coidar a saúde mental tamén pasa por ter oportunidades para parar.

📩 Xa podes cubrir o formulario de participación dende a web de FADEMGA e envialo a areasocial@fademga.org especificando a data na que queres participar.”

Aquí a ligazón: https://www.fademga.org/…/pausa-en-verde-unha…

.

#PausaEnVerde#SaúdeMental#Benestar#PlenaInclusión

See less

Por moitas iniciativas e proxectos coma este. Agradecida.