Curso especialista de conexión coa natureza

Inicio > Curso especialista de conexión coa natureza

CURSO ESPECIALISTA DE CONEXIÓN COA NATUREZA CERTIFICADO POLO FTHUB

Este curso certificará a especialistas que facilitarán actividades de conexión coa natureza como parte da súa actividade profesional. Pódeche interesar para complementar e enriquecer o que xa ofreces ós teus clientes/alumnos.

E especialmente interesante se traballas ou queres traballar con grupos na natureza. Por exemplo, se es profesor, terapeuta, psicólogo, profesor de ioga, facilitador de mindfulness, guía de sendeirismo ou calquera outra práctica vencellada co benestar. Se traballas en dinámicas de grupos en xeral, este curso pode ser unha ferramenta valiosa para levar ó teu público meta a conexión coa natureza e os seus moitos beneficios a nivel físico, mental, emocional.

Aprenderás a deseñar, integrar e guiar actividades de conexión coa natureza deseñadas para centrar a súa atención nos sentidos, a observación, a relaxación…

Se non traballas con grupos, pero queres aprender a conectar coa natureza como parte do teu crecemento persoal este curso pode ser para ti tamén.

TEN EN CONTA : Este curso non te certifica como guía de baños de bosque ou como facilitador de terapia de bosque, para iso existen formacións específicas máis longas.

LOCALIZACIÓN - SANTIAGO DE COMPOSTELA

Faremos o curso en diferentes parques e espazos verdes da cidade (Parque Eugenio Granell, Carballeira de Santa Susana…). Tamén contaremos cun aula de apoio no centro (zona Praza Roxa) que utilizaremos segundo as necesidades do programa e en caso de mal tempo.

Compartirei os detalles do punto de encontro entre os participantes matriculados uns días antes do inicio do curso.

DATAS DISPOÑIBLES PARA 2026/2027
(O curso farase nunha fin de semana)

17-18 Outubro | 7-8 Novembro|5-6 Decembro|16-17 Xaneiro| 20-21 Febreiro|

NUMERO MINIMO DE PARTICIPANTES

Realizaríamos o curso cun mínimo de 3 participantes e establecería un máximo de 10-15 persoas.

Se queres crear un grupo privado para a túa organización, os teus empregados ou compañeiros escríbeme e podemos ver datas alternativas. Habería flexibilidade cun número máximo de participantes. Se tes un grupo interesado en formarse noutra outra localización consulta disponibilidade.

PREZO DO CURSO

250 euros / persona

Inclúe:

Non inclúe:

  • Comidas
  • Bebidas
  • Aloxamento
  • Traslados a Santiago

Programa do Curso de Fin de Semana

9.15 Reunión no punto de encuentro – o aula de apoio que se confirmará uns días antes. Contamos coa posibilidade de varios espazos según o número de participantes polo que se confirmará antes do inicio do curso. Todas as opcións están no centro de Santiago a 10-15 minutos da estación intermodal de Santiago e 10 minutos dos espazos verdes nos que nos moveremos.

O horario é aproximado xa que a duración das pausas pode variar mínimamente.

Horario Actividade
9:30 – 10:30 Benvida e Circulo de Presentación
10:30 – 11:30 Módulo 1 – Descripción da Conexión coa Natureza e os seus beneficios
11:30 – 12:00 Pausa
12:00 – 13:30 Módulo 2 – Concepto de Biofilia e os 5 compoñentes da Conexión coa Natureza.
13:30 – 15:00 Pausa para comer
15:30 – 17:00 Módulo 2 (práctica): Cultivando as destrezas de observación.
17:00 – 17:30 Pausa
17:30 – 18:30 Módulo 3 (práctica): Conexión coa Natureza para grupos.
Horario Actividade
9:15 Reunión no punto de encuentro.
9:30 – 10:15 Preparación de actividades de Conexión coa Natureza
10:15 – 10:30 Pausa
10:30 – 12:30 Actividades de Conexión coa Natureza deseñadas polos especialistas.
12:30 – 12:45 Pausa
12:45 – 13:30 Recapitulación e Revisión das actividades de conexión propostas polos participantes
13:30 – 15:00 Pausa para comer
15:30 – 17:00 Módulo 4 (práctica): Aplicación da Conexión coa Natureza
17:00 – 18:30 Revisión, recapitulacióne peche

RESERVA A TUA PRAZA

As cancelacións realizadas nas dúas semanas previas ó curso implican a non devolución de 50 euros da cuota total de 250 euros.
Poñerémonos en contacto unha vez recibida a reserva e enviaremos un link de pago.