Sobre mín
Inicio > Sobre mín
Sobre min
Chámome Marga Chao e son guía certificada de Baños de bosque e de Terapia de bosque polo Forest Therapy Hub. Hai pouco acrediteime como Formadora do FTHub para formar a Especialistas de Conexion coa naturaleza. Esta institución é pioneira na formación de facilitadores de intervencións de conexión coa natureza e lidera o desenvolvemento de proxectos para afondar ainda máis nos beneficios da práctica de actividades conscientes no entorno natural. Cada vez somos máis os guías certificados en Galicia espallando esta ferramenta para mellorar o benestar das persoas que participan nestas experiencias.
Despois de moitos anos no estranxeiro, voltei a Galicia co propósito de achegar a máis xente a práctica dos baños de bosque, do Shinrin Yoku. Formeime en Polonia da man de Alex Gesse, o director do FTHUb e ali organicei os meus primeiros baños de bosque nos espazos verdes de Cracovia.
Antes da formación, chegara a esta práctica de Shinrin Yoku por propia necesidade, buscando un escape ás presións do traballo, buscando armonizar aspectos das miñas rutinas e cando chegou a pandemia, a natureza convertiuse nunha vía de escape para min, e posiblemente para moitos de vós. Xusto despois dos primeiros meses de confinamento aterraba en Polonia Alex e o seu equipo de formadores, e xuntámonos no Bosque Primixenio de Puszcza BiaƗowieza un grupo fermoso de aprendices.
Os Sentidos do Bosque
Os Sentidos do Bosque reside por fin en Galicia. Organizarei experiencias de baños de bosque en diferentes entornos naturais da nosa terra e tamén porei en marcha sesións de Shinrin Yoku urbán, aproveitando os espazos verdes de Compostela, a miña cidade. Levarei adiante proxectos con colectivos específicos xa no marco de Terapia de Bosque.
Alén disto, traballo como facilitadora de ferramentas de harmonización enerxética (EMF Balancing Technique, T.T.A Suit, Quantic Irdin, Cristaloterapia…) Pero iso é outra historia para outro espazo… se che interesa pregúntame por privado.