Baño de Bosque 04/02

Inicio > Blog > Baño de Bosque 04/02

O dia 4 de febreiro faremos o primeiro baño de bosque (Shinrin-Yoku) deste ano na Selva Negra no Monte Pedroso de Compostela.

Será unha sesión de conexión coa natureza e cos nosos sentidos. Conectaremos coa nosa tranquilidade arrodeados da enerxía contida do inverno e o latente potencial de rexurdimento da primavera que empeza a latir no ventre da terra e no noso interior.

Queres experimentar que é o Shinrin-Yoku e os seus beneficios?

Escríbeme un WhatsApp ó 618502904 ou un correo a info@ossentidosdobosque.com e enviareiche os detalles.

Explora a páxina para ter máis información sobre o que é o Shinrin-Yoku.