Como e un baño de bosque
Inicio > Como e un baño de bosque
Como é un baño de bosque?
Son guía certificada polo Forest Therapy Hub, institución pioneira na formación de facilitadores destas prácticas de baños de bosque e conexión coa natureza. Deseño as experiencias tomando os modelos do FTHub como base, e adaptándoos a cada grupo, a cada sesión.
Como facilitadora desta práctica, propoñereivos invitacións para experimentar esa conexión coa natureza e vós mesmos, e dareivos espazo para realizalas.
Nunha sesión de Shinrin Yoku ou Baño de Bosque, facilitamos que os participantes conecten cos seus sentidos e que se centren no momento presente. Guiareivos suxerindo actividades de conexión, de relaxación, de contemplación, de consciencia da nosa presenza e dos elementos da natureza que nos acompañan.
A sesión segue unha secuencia pensada para ir baixando o ritmo gradualmente e ir perdendo o sentido do tempo inmersos na experiencia. Iniciaremos a práctica cunha meditación para conectarnos e anclarnos.
Aínda que a sesión sexa en grupo, esta práctica é máis ben introspectiva, con máis silencios que palabras. A algunhas das invitacións seguiralles un momento para verbalizar as nosas impresións, sen xulgar, sen réplica, só compartir pinceladas do que estamos experimentando. O silencio como resposta tamén é benvido, se preferimos non decir nada.
Que podes esperar?
- Sentir a natureza que será a túa principal compañeira.
- Unha meditación inicial para ir conectando cos sentidos e co que nos rodea.
- Un ritmo relaxado, tranquilidade.
- Espazos onde sexa fácil moverse, non serán terreos que esixan unha gran preparación física.
- Desconectar o móbil e do móbil.
- Ter momentos para ti, pero tamén momentos para compartir entre participantes, sempre desde o respeto.
- Unha guía que facilita a experiencia e “sostén o espazo e a enerxía” para que ti te sintas ben.
Que non debes esperar?
- Facer trekking, facer deporte, un ritmo áxil…
- Ir falando todo o tempo…
- Ir parando para facer fotos…
- Unha clase de botánica…
- Unha sesión de terapia para falar das nosas teimas na natureza…
- Pero serás ti quen lle poñas a intención do que queres que sexa para ti….
- Unha experiencia de benestar…
- Unha sesión de relaxación consciente…
- Unha vivencia para conectar coa enerxía da natureza…
Onde o faremos?
Practicaremos Shinrin Yoku “urbán” en espazos verdes de Compostela.
Faremos baños de bosque en diferentes bosques de Galicia.
Canto tempo dura?
Ofreceremos distintos tipos de experiencias, dende doses de natureza dunha hora e media, a experiencias de fin de semana. Pero unha sesión típica de Shinrin-Yoku dura unhas 2.30h-3h.
Que grandes son os grupos?
Prefiro traballar con grupos de máximo 10-12 persoas, para manter o carácter íntimo da experiencia. Tamén ofrezo sesións de Shinrin Yoku urbán individuais ou para grupos reducidos de 2-4 personas.
Como debo prepararme?
Non fai falta preparación. Cando te rexistres para unha das sesións, recibirás información concreta sobre o punto de encontro e se é necesario traer algo. Se tes algunha condición física que poda ter influencia na sesión por favor dimo cando te rexistres (diabetes, problemas cardiacos, problemas de mobilidade, etc…)
Polo xeral precisarás:
- Calzado axeitado para camiñar polo bosque ou o polo parque.
- Dependendo da predicción do tempo, se dan choivas febles, un chubasqueiro que te permita non cargar cun paraugas. Crema solar para os dias de sol e calor.
- Unha botella de auga.
- Algo para sentar no chan, pode ser calquera cousa que impida que te molles se a terra está mínimamente húmida.
Que me levo da experiencia?
A intención dunha sesión de Shinrin Yoku é que te leves paz, tranquilidade, serenidade, momentos ós que podas recurrir cando esteas no medio da semana laboral. Levaraste consellos para ter máis presente os beneficios da exposición á natureza no día a día, aínda que non a teñas perto. Voltarás a casa con consciencia de ti e as túas necesidades, e con conexión e “compasión” para con ese entorno natural que é o facilitador imprescindible desta vivencia.