Se queredes saber máis sobre o Shinrin Yoku, recoméndovos ler estes libros:
Dr. Qing Li é un dos estudiosos máis importantes en Terapia de Bosque. E profesor da Nippon Medical School de Tokio e un dos líderes da International Society of Nature and Forest Medicine. Foi un dos primeiros en investigar os impactos positivos da naturaleza na nosa saúde.
Neste libro fálanos de como xurdiu o Shinrin Yoku no Xapón dos 80 e de como os seus estudos probaron o alivio dos síntomas de estrés e o impacto positivo noutros aspectos da saúde dos participantes dos seus estudos.
A intuición e a tradición xaponesa de venerar á natureza agochaba sen dúbida, un potencial harmonizador máis grande do imaxinado. Neste libro, escribe tamén de cómo podemos aliarnos coa natureza, e de como podemos tela presente incluso dentro das nosas catro paredes.
Ademáis, agasállanos con preciosas imaxes que nos fan entrar nese ambiente máxico dos bosques xaponeses.
Un dos libros fundamentais sobre o Shinrin Yoku, explicado en termos doados e cercanos a todo tipo de lectores.
E fácil de atopar online. Moi recomendable.
Se entendes inglés, aquí tes un par de videos:
E seguimos en Xapón 😊. Outro dos autores absolutamente necesarios, outro dos iniciadores das investigacións sobre a práctica dos baños de bosque. Yoshifumi Miyazaki, xa retirado, segue a ser un dos embaixadores da Terapia de Bosque, despois de 30 anos de investigación. Foi director do Centro de Medio ambiente, Saúde e Ciencias de Campo da Universidad Chiba.
Miyazaki escribe sobre o concepto de Terapia Natural e da relación de Xapón coa natureza. Fálanos dos beneficios do Shinrin Yoku, da ciencia que hai detrás e do futuro que espera ós estudos de Terapia de Bosque.
Un libro que se le fácilmente, tamén cheo de lindas imaxes e citas sobre a natureza e o bosque. Un libro para regalar ou regalarse. Atopáralo na nosa tenda.
Aquí che deixo un par de conferencias en inglés