Tenda

Inicio > Meditación forestal – set de cartas

SKU 19 Categories ,

Meditación forestal – set de cartas

 

Coñecín os compañeiros de Moc Lasu na nosa formación como guías de bosque co Fthub en Polonia. E un gusto botar a vista atrás e ver todo o camiño percorrido dende o 2020. Asia e Przemek traballan como guías na zona de Varsovia e crearon estas cartas marabillosas para experimentar a natureza dun xeito máis consciente. Os guías temos que apoiarnos daquela teremos as cartas dispoñibles na nosa tenda.

E un complemento perfecto para guías certificados que queran incorporar as cartas coma un elemento máis da experiencia. Inclúe 35 cartas con fermosas ilustracións feitas por Aleksandra Swider e un caderno con instruccións para realizar as invitacións propuestas por cada carta. Tamén terás acceso a unha guía online para traballar coas cartas.

Se non eres guía de baños de bosque ter estas cartas no te convertirá nun, pero achegarante á práctica do Shinrin-Yoku nos teus paseos polo bosque.

Se vives en Galicia ou na zona de Compostela e prefires non pagar gastos de envío, escríbeme directamente a info@ossentidosdobosque.com ou un Whatsapp a 618502904. Pasareiche un link de pago e direiche onde podes recollelas en Santiago sen gastos de envío.

O envío por correo farase 24/48 horas despois de recibir o pedido.

 

35.00€

Os Sentidos do Bosque

Últimos Productos