Retiro Conexión de Bosque 6-8 Xuño

Inicio > Blog > Retiro Conexión de Bosque 6-8 Xuño

Os Sentidos do Bosque ofreceravos neste retiro unha serie de experiencias
e actividades de reconexión coa vosa tranquilidade e a vosa capacidade
de relaxarvos, acompañados polas árbores que custodian O Abeiro da Loba
e os espazos que o rodean.
A través de actividades relacionadas coa Terapia de Bosque, o Shinrin
Yoku (Baños de bosque), o Qigong, a música conectada, a armonización
enerxética e a creatividade, reconectaremos con nós mesmos e co
espazo natural que nos acolle.
As dinámicas serán sempre feitas co máximo respeto ós
participantes e a contorna onde as desenvolveremos. Haberá momentos
para compartir co grupo e haberá momentos onde a túa compañeira
principal será a natureza que te rodea, mentres que os que facilitamos a
actividade sostemos o espazo e a enerxía para que vos sintades a gusto.
Serán uns días para conectar cos sentidos e desconectar o ruido
mental. Haberá momentos para armonizar a nosa enerxía e para
escoitarnos.
Non esperes dinámicas de aventura, de deporte…
Espera un ritmo sosegado, tranquilo, as veces introspectivo…
Espera toda a nosa enerxía e o noso corazón para facer deste retiro,
unha experiencia que te axudará a recargar pilas e a soltar lastre…
Espera momentos de coidado, de comida rica y, por suposto, de boa
compañía neste lugar precioso no corazón de Galicia.

Pidenos infomacion!!