Sandra Wolan é una compañeira e fotógrafa polaca que ten o privilexio de vivir no bosque. Parte das imaxes que vedes nas cabeceiras desta web son imaxes cedidas xenerosamente por ela. Verédelas tamén na tenda nalgunhas das nosas bolsas.
En @swiatolesnie, o seu perfil de Instagram, poderedes ver a beleza dos detalles do bosque polaco, a luz sutil dos amenceres que captura ó longo do ano entre as 4.30 e as 7.00 da mañá. Captura eses detalles que son protagonistas da conexión sensorial dun baño de bosque.
O bosque é parte do ADN de Sandra e tamén de moitos polacos, que no perderon a boa costume de relacionarse coa natureza, co bosque. A eles non lles da preguiza erguerse cedo o fin de semana para estar entre árbores, ás veces baixo cero. Un campo aberto para a práctica de Shinrin-Yoku ou en polaco Kąpiele Leśne.
Sandra contanos en primeira persoa a sua relación co bosque:
“O bosque sempre xogou un papel importante na miña vida. Cando era pequena vivía cos meus pais xunto ó bosque, nas montañas do sur de Polonia. Antes de que nacera o meu irmán, era filla única e fora da escola non tiña con quen xogar porque non había familias con nenos nesa zona. Pasaba moitas horas soa no bosque, xogando perto da casa, observando o ciclo das estacións, construindo refuxios con ramas e pasando tempo xunto a un regato.
Ata hoxe, a miña relación co bosque está baseada nun sentido de seguridade, paz e abraio das pequenas marabillas da natureza, que son miles no bosque.
Xa sendo unha nai nova, empecei a sacar fotos e pronto descubrín que a miña fonte de paz sempre estivo ó meu carón e co meu home mudámonos ás montañas perto de Cracovia.
Facer pequenas saídas á naturaleza dame paz e tranquilidade. Sempre atopo inspiración alí e cando contemplo as fantásticas construccións de follas, árbores, insectos, reaparece un sentido de significado superior e de ser parte de algo máis grande e abraiante.
Para min, o bosque é esencia da vida, albergando os contrastes e o equilibrio encapsulados en imáxenes serenas e equilibradas. Ten todas as texturas, claroescuros, cores e esquemas dentro del.
Quizáis o mellor de todo é que tes que darte o luxo do tempo e de atopar a paciencia e a confianza dentro de ti – entón é cando os milagres ocorren e ves o que antes estaba agochado ós teus ollos. Encántanme os momentos de transición na primavera e o outono, gústame capturar a transformación e os ciclos recorrentes da natureza. Fascinanme a biodiversidade e o efecto volvoreta, como os fungos microscópicos e os organismos poden transformar un bosque. As formas de decadencia aluden ó tema da morte e a transitoriedade, que esta relegada na nosa cultura actual e que forma parte da nosa realidade tanto como o nacimento, a xuventude e a saúde”
Grazas Sandra pola túas imaxes!!