Servizos

Inicio > Servizos

Os Sentidos do Bosque adícase ó deseño, organización e realización de sesións de Baños de Bosque (Shinrin-Yoku) e proxectos de Terapia de Bosque. Da man de Marga Chao, guía e facilitadora certificada polo Forest Therapy Hub, deseñamos e levamos a cabo estas experiencias de conexión coa natureza co obxectivo de mellorar o benestar dos participantes a nivel físico, mental, emocional, social e espiritual. Asemade, durante estas experiencias prodúcese de xeito inherente unha profundización da conexión con un mesmo e co entorno natural que nos rodea. Estas prácticas promoven intrínsicamente o respeto polo espazo onde teñen lugar e a concienciación sobre o seu valor no noso benestar.

Estamos acreditados por el Forest Therapy Hub para formar a Especialistas de Conexion con la Naturaleza que recibiran el certificado del Forest Therapy Hub.

Os Sentidos do Bosque ten a Intención de dar servizo a aqueles que queiran achegarse á natureza dun xeito máis profundo e reparador. Traballamos con grupos, individuos e colectivos. Buscamos contribuir na divulgación e investigación dos beneficios da exposición consciente na natureza e estamos interesados en levar adiante proxectos de Terapia de Bosque con colectivos que se podan beneficiar de esta práctica.

Poñemos a Atención en facelo de xeito profesional, consciente e personalizado, dándolle a estas prácticas de conexión natural, ás veces aínda non ben entendidas, o valor preventivo e reparador que teñen.

Volcámonos na Acción de facilitar a Terapia de Bosque para colectivos concretos e as experiencias de Baños de Bosque para o público xeral. Traballamos con experiencias de Shinrin Yoku urbán nos espazos verdes de Compostela e a súa contorna, e facilitamos Baños de Bosque en enclaves naturais de Galicia.

A continuación, tedes máis información sobre o Shinrin Yoku e a Terapia de Bosque.