Os Sentidos do Bosque
¿Qué é Shinrin Yoku ou Baños de bosque?
A práctica do Shinrin-Yoku naceu en Xapón alá polos anos 80. Shinrin-Yoku, 森林浴, significa literalmente “baños de bosque”.
Naceu da necesidade de mellorar o benestar e baixar os altos niveis de estrés da sociedade urbana xaponesa. Estudosos de Terapia de Bosque como o Dr. Qing Li e Yoshifumi Miyazaki foron os pioneiros dos proxectos que mediron o impacto positivo da natureza na saúde física e mental.
Os Sentidos do Bosque
¿Cómo é un baño de bosque?
Nunha sesión de Shinrin Yoku ou Baño de Bosque, facilitamos que os participantes conecten cos seus sentidos e que se ancoren ao momento presente. Guiareivos suxerindo actividades de conexión, de relaxación, de contemplación, de consciencia da nosa presenza e dos elementos da natureza que nos acompañan.
Os Sentidos do Bosque
Terapia de bosque
O Forest Therapy Hub define a Terapia de Bosque como unha intervención baseada na natureza que considera as necesidades específicas dos individuos e a contorna social e natural no que viven. A terapia de bosque ten como obxectivo promocionar e impactar de maneira positiva no estado de saúde mental dos participantes, ao mesmo tempo que, a través da conexión coa natureza, trabállanse o benestar físico, as relacións interpersoais e a cohesión social.
Xa desde os anos 80 veñen probando os efectos positivos da exposición á natureza en xente con altos niveis de estrés.
Un dos propósitos fundamentais da actividade de Sentir do Bosque é deseñar e implementar intervencións de terapia de bosque e conexión coa natureza, feitas a medida dos participantes e as súas necesidades. Se traballas en ou con colectivos e asociacións que sufran os efectos do estrés, e queredes reparar isto, contactade para facer unha proxección do que poderiamos facer xuntos. É un traballo que está a pensar para facerse durante un mínimo de 6 ó 7 encontros na natureza para ver resultados máis claros.
Os Sentidos do Bosque
Curso especialista de conexión coa natureza
Este curso certificará a especialistas que facilitarán actividades de conexión con la naturaleza como parte de su actividad profesional. Te puede interesar para complementar y enriquecer lo que ya ofreces a tus clientes/alumnos.
Este curso certificará a especialistas que facilitarán actividades de conexión coa natureza como parte da súa actividade profesional. Pódeche interesar para complementar e enriquecer o que xa ofreces ós teus clientes/alumnos.
Os Sentidos do Bosque
Experiencias
Sanación enerxética, meditacións, activacións, conexión coa enerxía do lugar.
Actividade de fin de semana nunha casa rural. Programa de sesións de Baños de bosque, actividades de conexión, armonización enerxética…
Mínimo de 6 de baños de bosque a medida para unha persona o pequenos grupos.
Sobre min
Chámome Marga Chao e son guía certificada de Baños de bosque e de Terapia de bosque polo Forest Therapy Hub. Esta institución é pioneira na formación de facilitadores de intervencións de conexión coa natureza e lidera o desenvolvemento de proxectos para profundar aínda máis nos beneficios da práctica de actividades conscientes nunha contorna natural.
Os Sentidos do Bosque
Productos destacados
Os Sentidos do Bosque
Próximas experiencias
Testimonios
¿Qué din de nós?
"Unas horas maravillosas..volver a la quietud, disfrutar del silencio, los sonidos, los olores..."
Rosa
" Lévome enerxía positiva, tranquilidade, paz e unha experiencia única, grazas "
" Grazas por guiarnos con serenidade, paz, tranquilidade. O Gozar da natureza como da vida"
"A Terapia de Bosque é unha intervención baseada na natureza que considera as necesidades específicas dos individuos e a contorna social e natural no que viven."
FThub
O noso Blog
Actualidade / Noticias
Baño de Bosque – Monte Pedroso
O próximo 24 de outubro teremos unha nova sesión de Baño de Bosque no Monte Pedroso compostelán. Un mes entrados no outono, desfrutaremos da fermosura
Curso Especialista de Conexión con la Naturaleza – Certificado FTHub
CURSO ESPECIALISTA DE CONEXIÓN CON LA NATURALEZA-CERTIFICADO POR EL FTHUB Este curso certificará a especialistas que facilitarán actividades de conexión con la naturaleza como parte
PAUSA EN VERDE
Encantada de colaborar con Fademga nesta proposta para que as persoas con discapacidade intelectual ou de desenvolvemento teñan a oportunidade de experimentar os beneficios da