Baño de Bosque – Pazo de Ortigueira 02.05

Inicio > Blog > Baño de Bosque – Pazo de Ortigueira 02.05

O día 2 de maio voltaremos os fermosos xardíns do Pazo de Ortigueira en Vedra para desfrutar dunha sesión de Shinrin-Yoku no bosque e nos xardíns do pazo. A ultima vez experimentamolo na beleza pausada de decembro e agora voltaremos en plena explosión primaveral.

Prazas limitadas a 10 persoas.

🦋Reserva a túa praza escribindome directamente o Whatsapp no 618502904 ou nun correo a info@ossentidosdobosque.com

Enviareiche toda a información.

🌸Facilitado por Guia de Baños de Bosque e Profesional de Terapia de Bosque certificada polo @foresttherapyhub.es

Regalate unha sesión de conexión coa natureza para desconectar da rutina, do estrés e do ruido mental mentras desfrutas dun escenario ben fermoso.