Tienda

Inicio > A nena que abrazaba as árbores

Categoría Etiqueta

A nena que abrazaba as árbores

Fermoso álbum ilustrado que nos comparte a fermosa historia dunha nena que recibe un agasallo moi especial dos seus pais, un freixo co que establece unha bela conexión que comparte co seu mellor amigo… Sentidos, Sensacións, Sentimentos, de feito… unha experiencia de Shinrin-Yoku vista a través dos ollos dunha nena … todo arroupado polo poder rexenerador da natureza.

Escrito por Henrique Alvarellos e ilustrado dun xeito fermoso por Xulia Nieto, este é un libro non só para nenos, senón para aqueles que resoen coa beleza e a maxia das árbores.

36 pp. 21,5 x 28 cm.
ISBN: 978-84-16460-79-3

Idade de interese: +3 a 150 🙂
Nivel de lectura: +5 en adiante

NOTA: Se vives cerca de Compostela e queres recoller o pedido directamente, antes de facer a compra, escribeme un mail a info@ossentidosdobosque.com

16.00€

Os Sentidos do Bosque

Últimos Productos